21/06/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Radio Cerna dedica os venres a repasar as novas ambientais de cada semana. Hoxe é un destes días, así que non o perdas, e entérate do acontecido no eido ambiental galego nos últimos días.
20/06/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Nace unha asociación, Espiga, que aglutina gran parte do sector da bioconstrución en Galiza e organiza o seu primeiro congreso. Terá lugar os días 28, 29 e 30 de xuño en Viveiro co obxectivo de vincular bioconstrución e rehabilitación e de recuperar vellos materiais naturais para as vivendas como a cal.
19/06/2013 [00:10:00] [5.73 MB]
Diante dos recortes de servizos ferroviarios promovidos por Fomento e Renfe, o terceiro sector demanda outro modelo de ferrocarril en Galiza, que sirva para transportar viaxeiros e mercadorías en distancias curtas e medias: o tren de proximidade ou cercanías. O sindicato CGT e ADEGA avogan por este mesmo modelo.
18/06/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
O experto no sector ferroviario de Galiza e autore de varias publicacións sobre o tren galego, Xosé Carlos Fernández, fai unha análise crítica dos recortes dos servizos de tren programados por Fomento e Renfe para este mes de xuño.
17/06/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Radio Cerna entrevista a Alejandro Huergo, delegado de comunicación de Renfe no Noroeste sobre o maior recorte na historia de servizos ferroviarios en Galiza e o peche de varias estacións. Coñeceremos o porqué deste recorte e as alternativas que Fomento ten previsto dispoñer para o transporte de viaxeiros que queden sen ferrocarril.
14/06/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Preme e escoita en 10 minutos as novas ambientais que aconteceron en Galiza na última semana. Non o perdas!