15/07/2022 [00:10:00] [6.89 MB]
Os efectos do cambio climático cada vez están máis presentes e a actual vaga de calor é unha evidencia. Recoméndase extremar as precaucións para evitar consecuencias na saúde, e tamén consumir responsablemente auga. Varios concellos galegos xa tiveron que restrinxir o seu consumo de forma radical. Doutro lado, a complexa situación enerxética mundial fai que a UE pase a considera como verdes á enerxía nuclear e o gas, un cambio de posición sen precedentes que anuncia malos augurios para a transición enerxética e ecolóxica. Estamos a vivir grandes retrocesos na construción dun mundo máis sostible... Abordamos máis cuestións de relevancia ecolóxica e social en Galiza aquí, en Radio Cerna. En agosto volveremos con espazos informativo renovados! Grazas por nos escoitar!
08/07/2022 [00:10:00] [6.88 MB]
Segue a afronta contra a invasións eólica... O Fondo para a defensa xurídica da Cordilleira Cantábrica recorre contra tres parques eólicos do Bierzo que ameazan a escasa poboación de pita do monte que existe na península, a veciñanza de Ordes, Betanzos, Aranga, A Baña, etc., volve enfrontarse a novos procesos de alegacións aos proxectos industriais eólicos abusivos co rural e co medio natural. Por outra banda, volve a contaminación aos ríos de Ourense e a seca comeza a preocupar aos organismos de bacía de Galiza... Escóitao en Radio Cerna!
01/07/2022 [00:10:00] [6.87 MB]
A papeleira Ence quere instalar unha nova factoría en Galiza, no lugar que agora ocupa a central térmica das Pontes, para fabricar papel tisú, mais di que sería unha factoría complementaria á de Lourizán. Tamén nas Pontes, o presidente Rueda anuncia unha planta de hidróxeno que presenta como a primeira en Galiza destas características. E nesta mesma semana, aprobou dous parques eólicos pola vía da excepcionalidade, fóra das áreas establecidas polo Plan Eólico, que son de titularidade de Greenalia, empresa da que forma parte a exconselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato. Se queres máis información, preme e escoita Radio Cerna!
24/06/2022 [00:10:00] [6.90 MB]
No comezo do verán, a actualidade ambiental galega recorreo ás vellas "glorias" da industria contaminante. ADEGA publica resultados sobre a súa xestión de residuos, que segue sen cumprir os obxectivos da UE e que sitúan a Galiza no terceiro posto pola cola do Estado en reciclaxe. Ence volve enfrontarse a unha nova manifestación de APDR e a térmica de As Pontes anuncia o esgotamento inminente do seu aprovisionamento do carbón, situando máis preto o seu desmantelamento. Escóitao en Radio Cerna!
17/06/2022 [00:10:00] [6.91 MB]
Tras a exitosa marcha do día do medio ambiente na que a sociedade galega pedíu un cambio no modelo enerxético fronte a invasión eólica, a Xunta lanza unha campaña mediática na que pretende botar no tellado do Estado toda a responsabilidade sobre o actual descontrol na implantación das enerxís renovábeis. Esta e máis novas neste espazo de Radio Cerna!
10/06/2022 [00:10:00] [6.87 MB]
O pasado domingo, Galiza unha xornada reivindicativa exitos a prol do medio ambiente. A coordinadora Eólica Así Non conseguiu encher a Praza do Obradoiro con milleiros de manifestantes que reclaman á Xunta e ao Estado un modelo enerxético xusto e sustentábel, por e para o pobo. Ademais disto, obterás información sobre unha nova mina de coltan en Galiza, informe sobre lumes e eucaliptización, Fragas do Eume e o novo Plan de biodiversidade da ministra Ribera.