Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

10/02/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Pautas para reducir gastos na tarifa da luz

Nunhas xornadas dedicadas ao sistema eléctrico e á tarifa eléctrica, organizadas por ADEGA, déronse as pautas que os consumidores e consumidoras de electricidade podemos seguir para aforrar na nosa factura da luz. Ser conscientes de que é o que estamos a pagar, reivindicar políticas enerxéticas baseadas no aforro e na eficiencia, ou revisar a fondo o recibo da luz e tomar medidas, son algunhas das recomendacións fronte os actuais decretazos no sector eléctrico e a actitude impositiva das grandes eléctricas. Hoxe coñecemos os pasos que hai que dar na revisión do recibo da luz e como se pode aforrar.

07/02/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 07/02/14

Escoita Radio CERNA para enterarte de cales foron os acontecementos máis relevantes da semana no eido ambiental galego.

05/02/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

As trampas do mercado eléctrico actual

O mercado eléctrico actual utiliza certos instrumentos especulativos que repercuten directamente no prezo da luz. Neste espazo coñecemos cales son as artimañas das que fan uso as grandes eléctricas, amparadas polo propio sistema, que deixan ao cidadán nunha posición de indefensión. Revélanos esta información o investigador Adrián Dios, que participou nas xornadas organizadas por ADEGA sobre Economía sostible.

+ info: Xornadas cara a unha nova Cultura da Economía sostible.

03/02/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Mentiras do sector eléctrico sobre a factura da luz

Un estudo da UNEF analiza algunhas das campañas publicitarias das grandes compañías eléctricas españolas e detecta unha manipulación nos datos dirixidos á opinión pública. A finalidade non semella ser outra que desvincularse de toda responsabilidade na suba continuada da factura da luz. Escoitamos as conclusións deste estudo da man dun responsable da UNEF.

31/01/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

Boletín informativo ambiental 31/01/14

Neste espazo informamos das novas ambientais máis destacadas da semana. Preme e escoita!

28/01/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Resultados da custodia fluvial Ulla-Umia-Lérez

ADEGA conclúe o seu proxecto de custodia fluvial nas bacías Ulla, Umia e Lérez tras tres anos de traballo. Neste espazo coñecemos cales foron os resultados e o seu impacto no territorio. Todas estas actuacións están recollidas nunha publicación recentemente editada pola organización que pretende servir de referencia para outras iniciativas de custodia fluvial.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal