28/07/2023 [] [7.18 MB]
A campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos está a piques de superar os 100.000 euros en doazóns, un fito moi importante, e suma un novo desafío para procurar frear o P.E. Paraño Oeste. Ao tempo, as eólicas dinamitan o Acibal, un monte cheo de petróglifos e pedras históricas en Moraña, na comarca de Caldas; e no mar, Portugal prioriza a zona da fronteira con Galiza no seu estreo da eólica mariña. O cambio climático é unha das maiores preocupacións da cidadanía actualmente, e os seus efectos nótanse en terra e nas augas. As altas temperaturas están detrás da morte masiva de navallas na Lanzada.
Todo isto e máis, en Radio Cerna!
20/07/2023 [00:10:30] [7.43 MB]
As montañas orientais de Galiza urxen o apoio social a través da campaña Ti Podes Paralos para frear a invasión eólica. Mentres a patronal mantense nunha cruzada contra as sentenzas que tombaron varios parques eólicos autorizados pola Xunta de Galiza. ADEGA cualifica estes ataques de indecentes e antidemocráticos. Ademais, a Fiscalía abre dilixencias contra altos cargos de Augas de Galiza por autorizar verteduras da mina de San Finx; e a cidade deportiva que o Celta constrúe nos montes comunais de Mos esquiva unha rigorosa avaliación ambiental. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
14/07/2023 [00:10:00] [6.88 MB]
O cambio climático irrompe na campaña electoral e as formacións políticas destapan as súas propostas diante do reto da transición ecolóxica, no que aparece o debate eólico. Neste mesmo ámbito, as presións da patronal eólica, da Xunta (e agora tamén de CCOO) contra os xuices que anularon os parques eólicos de Campelo e Bustelo persisten, ata o punto que o propio TSXG e Xuíces pola Democracia tiveron que pedir respecto pola independencia xudicial. Desde ADEGA cualifícas a situación de vergoñenta e lamentable e anima ao pobo a seguir denunciando a invasión eólica inxusta e insustentábel a través da campaña "Ti podes paralos!". Isto e moito máis neste espazo de Radio Cerna!
07/07/2023 [00:10:00] [7.05 MB]
A campaña de ADEGA contra a depredación eólica xa acada os 70.000 euros de recadacións solidarias para que a organización ecoloxista galega recorra nos tribunais máis de 30 macroproxectos eólicos autorizados en abril pola Xunta de Galiza e que exercen graves danos ambientais e sociais no territorio. Ante a caída continuada de proxectos eólicos a golpe de sentenza, o sector amosa o seu nervosismo e acusa ao TSXG de crear inseguridade xurídica. Tamén ADEGA xunto con Mariña Patrimonio descobren castros e mámoas sen inventariar na poligonal do P.E. do Picato en Lugo que nin Xunta nin empresa incluíron na avaliación ambiental do proxecto. Por outro lado, nesta semana aprobouse a nova lei de ordenación do litoral de Galiza e o Supremo desestimou os recursos de casación do Concello de Pontevedra e do EStado contra o fallo que aproba a permanencia de ENCE na ría de Pontevedra ata 2073. Coñece a actualidade ambiental e ecoloxista da última semana con Radio Cerna!
30/06/2023 [00:10:00] [6.72 MB]
A campaña de doazóns "Ti podes paralos!" contra a depredación eólica de Galiza segue evolucionando favorablemente e acadando varios dos obxectivos marcados. ADEGA suma esta semana 3 campañas máis de micromecenado para levar os macroproxectos eólicos especulativos autorizado pola Xunta aos tribunais. Namentres, a Xunta cambia de conselleiro de Industria, Greenalia intenta desacreditar ao TSXG, e a Ministra Ribera dá 6 meses máis de prórroga ás promotoras eólicas para obter as autorizacións de construción e actualiza o Plan Nacional de Enerxía e Clima. En Europa non chegan a acordo sobre a Lei de restauración da Natureza. Isto e moito máis en Radio Cerna!
23/06/2023 [00:10:00] [6.91 MB]
A Xunta non gaña para sustos! Esta semana dúas novas sentenzas do TSXG declaran ilegal a política eólica do goberno galego. Un dos fallos anula o proxecto eólico Bustelo, o segundo de Greenalia, recorrido na xustiza por ADEGA. Outra das sentenzas paraliza cautelarmente o P.E. Lagoa II, de Zas e Santa Comba. A campaña "Ti podes paralos!" acada os 40.000 euros de achegas solidarias da cidadanía galega para conseguir anular ducias de complexos eólicos nos tribunais. Esta semana, ADEGA lanza tres novas campañas #TPP para presentar emprendar accións legais contra outros tres parques eólicos. Máis novas da semana se premes no audio!