Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

19/12/2024   []   [7.12 MB]

Boletín informativo ambiental 20/12/24

O pobo galego protagonizou unha xornada de reivindicación histórica o pasado domingo en defensa da terra e contra a macrocelulosa de Altri. As reaccións políticas non se fixeron agardar. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, di manterse firme e coas cousas claras e a oponición ínstao a escoitar a cidadanía. Nesta mesma semana, a coordinadora Eólica Así Non concentrouse diante do Parlamento de Galiza para denunciar o constante acoso do Partido Popular sobre a veciñanza ameazada pola invasión eólica. ADEGA e o Concello de Santiago achegan a xestión sostible dos residuos e a compostaxe aos centros de ensino. Isto e máis, en Radio Cerna!

13/12/2024   [10:00:00]   [7.07 MB]

Boletín informativo ambiental 13/12/24

Facultades e departamentos de tres universidades e do CSIC ratifican o seu rexeitamento a Altri a unha semana da gran mobilización contra a macrocelulosa prevista para o próximo domingo, 15 de decembro, en Santiago de Compostela. Na mesma liña científica, vén de ver a luz o primeiro libro que aborda de forma exhaustiva os impactos sobre terra, mar e aire de Altri, da man de ADEGA e do biólogo Ramón Varela. Desde a ría tamén lanzan o seu NON ao proxecto, que suporía a estocada final a unha xa moi minguada produción na ría de Arousa. Ademais, a Coordinadora Eólica Así Non convoca unha concentración no Parlamento o próximo martes 17 para denunciar o constante acoso do PP sobre a veciñanza ameazada pola invasión eólica. Isto e máis, en Radio Cerna!

11/12/2024   []   [42.00 MB]

Rolda de prensa | Presentación do libro Informe Altri: celulosa do século XX para o XXI

A organización ecoloxista ADEGA lanza o Informe Altri: celulosa do século XX para o XXI, un libro da autoría do doutor en Bioloxía e ex-presidente de ADEGA Ramón Varela Díaz que debulla os impactos da macrocelulosa proxectada por Altri-Greenalia en Palas de Rei. A publicación foi presentada este mércores en rolda de prensa na Libraría Couceiro en Compostela por parte do propio autor, acompañado do secretario técnico de ADEGA, Fins Eirexas.

05/12/2024   [10:00:00]   [7.13 MB]

Boletín informativo ambiental 06/12/24

Organizacións ambientais de todo o mundo esixen á Xunta de Galiza e ao Goberno de España a paralización inmediata da fábrica de Altri. E a mobilización social non cesa. Conta atrás para a gran manifestación contra a macrocelulosa que terá lugar en Compostela o 15 de decembro. O Partido Popular e o PSOE galego demandan a exclusión do lobo da listaxe de especies protexidas. Tamén no Parlamento, o PP rexeita unha moción presentada polo BNG para ampliar ata 2030 a moratoria de plantar eucaliptos. O Ártico podería quedar sen xeo antes de 2030. Isto e máis, en Radio Cerna! 

28/11/2024   []   [7.11 MB]

Boletín informativo ambiental 29/11/24

A Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa anuncian un clamor en Compostela contra Altri e a Xunta o próximo 15 de decembro. A Xunta de Galiza expulsa as organizacións ecoloxistas e as comunidades de montes veciñais do Consello de Minaría de Galiza; e no mar, bloquea a participación das entidades ambientais en Redemar. A asociación ecoloxista ADEGA procura fondos para recorrer ante o tribunal superior de xustiza de galiza o proxecto eólico Restelo, nos Ancares e na Fonsagrada. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

21/11/2024   [10:00:00]   [7.12 MB]

Boletín informativo ambiental 22/11/24

ADEGA denuncia ante a Audiencia Nacional a autorización das obras do treito II da A-57, en Pontevedra. Doutra banda, a organización procura fondos para recorrer ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza o proxecto eólico Monteiro, nos Ancares e na Fonsagrada. O Banco Central Europeo alerta das consecuencias da degradación dos ecosistemas sobre a inflación e o crecemento económico. E comezou esta semana un xuízo inédito con dúas grandes multinacionais implicadas: Iberdrola e Repsol. Isto e máis, en Radio Cerna! 

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal