O Comité Científico de Fauna e Flora do Ministerio, en resposta ao concello de Teo, ditaminou por unanimidade que os eucaliptos teñen carácter invasor e deberían incluirse no catálogo estatal para a súa erradicación. Ouvíchedes Xunta e ENCE?
23.F.2018.Ferrol . Mesa redonda na Aula de Ecoloxía Urbana, coa participación de Xandro García, Antonio Montes e Miguel Anjo García como representantes de CEMMA, SGHN e Adega, sobre voluntariado ambiental
Logo de 8 meses, e tras reiteradas peticións dende o Parlamento, vimos de coñecer o informe que Medio Rural emitíu sobre a mina de seixo en Mesía: rexéitase proxecto por ser incompatíbel coa produción agrogandeira e polos seus irreversíbeis efectos
ADEGA e Mariña Patrimonio vimos de presentar perante o Seprona unha nova denuncia por posibles danos ocasionados nunha parcela no xacemento protexido de Os Castros, situado no concello de Barreiros (Lugo).
1.2.2018. Adega Ferrol presentou alegacións ao Plano Reitor de Uso e Xestión das Fragas do Eum sometido a información pública e con múltiples eivas e lagunas ao noso entender. Inf. adicion: http://www.adega.gal/novas.php?id=302&idioma=gl&sec=116
Xa hai 13 anos que comezaron en Galiza os "campionatos" do raposo. O próximo, a IX Copa España de Caza de Raposo, celebrarase o 3 de febreiro en montes de Cotobade (afectado polos lumes de outubro), Cerdedo e Forcarei.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal