O Ministerio vén de expoñer o II Plano de control da contaminación atmosférica para tentar cumprir cos obxectivos de redución de contaminantes atmosféricos establecidos pola UE. Porén, estes obxectivos seguen a estar moi lonxe do recomendado pola OMS
ADEGA vén de presentar un contencioso contra a autorización dada pola Xunta ao parque eólico "Campo das Rosas" de Naturgy por afectar a unha das poboacións máis importantes da Península Ibérica do fento Lycopodiella inundata
O parque "Breogán", é o último tramitado e coincide no mesmo espazo mariño co "Galwind", presentado hai 6 meses. Ao Ministerio acumúlaselle o traballo sen ter rematado o marco legal nin a planificación sectorial, e cunhas eleccións ás portas.
ADEGA recupera a campaña de recadación colectiva e solidaria “Ti podes paralos!”, como única forma posíbel de poder emprender accións xudiciais contra boa parte dos 75 proxectos macroeólicos aprobados pola Xunta de Galiza o pasado 25 de abril.
O acoso eólico aos penedos de Traba aínda non rematou. Aos parques Soesto e Monte Chan recentemente rexeitados polos seus inasumíbeis impactos, debería unirse o de Pena dos Mouros, todos de EDP. Se isto non é fragmentación, que veña o TSXG a velo..
ADEGA, SGO, Bierzo Aire Limpio e PDCC solicitamos unha reunión urxente coa Ministra Ribera na súa próxima visita a Ponferrada, para advertila do risco no que a actual invasión eólica pon a toda a Cordilleira Cantábrica.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal