ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / Ferrolterra-Trasancos

Ferrolterra-Trasancos

19/09/2015

Presentada en Ferrol a campaña Cousa de Raíces

setembro 2015

Coa participación de responsable da campaña Cousa de Raíces a nivel de Galiza e representación de Adega Ferrol presentouse o 19.9.2015 en Ferrol a campaña Cousa de Raíces cun acto simbólico de plantación de carballos na zona de S.Pedro de Leixa.

+info

26/04/2015

Nova directiva na delegación de Adega en Ferrol

Asemblea anual de Adega en Ferrolterra e renovación da xunta directiva

Realizada a asemblea anual de Adega nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, con repaso á actividade desenvolvida, renovación directiva, liñas cara ao seguinte periodo.

+info

21/07/2015

Un recheo máis para a ría de Ferrol.

O recheo que xa se está a realizar nas inmediacións do estaleiro de Navantia-Fene suma unha alteración máis ao ecosistema da ría. A ría de Ferrol foi unha das máis produtivas de Galiza, e na actualidade é unha das máis contaminadas.

+info

06/07/2015

Crónica do roteiro polo río Baa contra o esquecemento

O pasado 4 de xullo ADEGA-Ferrolterra xunto con outras asociacións ecoloxistas e de veciñanza organizamos unha andaina para pedir a retirada dos áridos asfálticos que levan 6 anos almacenados ao lado do polígono industrial de Vilar do Colo (Cabanas).

+info

18/06/2015

ADEGA pide unha nova avaliación ambiental dos recheos en Sada, Gandarío e Miño

Costas do Estado prevé dragar e deitar case 1 millón de m3 de area en varias praias da ría de Betanzos-Sada. Outros 6,1 millons de € tirados ao mar nun proxecto que afectará aos recursos mariños

+info

11/06/2015

ADEGA-Ferrolterra denuncia a corta dunha planta en perigo de extinción na praia de Santa Comba (Ferrol)

No aparcadoiro da praia de Santa Comba (Ferrol) existe unha mancha da herba becerra, unha especie en perigo que foi cortada ao desbrozar o perímetro do aparcadoiro. Unha vez máis a administración volver ser o peor perigo para o medioambiente

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal