ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
25/02/2016

Manifestación en defensa do noso mar e contra o modelo acuícola do PP

Numerosas entidades ecoloxistas e naturalistas apoiamos a manifestación deste sábado 27 de febreiro en defensa do noso mar e contra o modelo acuícola que propugna a Consellaría do Mar do Partido Popular

+info

18/02/2016

Todos os grupos parlamentares agás o PP apoian a campaña STOP EUCALIPTO, AVANTE CARBALLO! para frear a expansión do eucalipto en Galiza

Os representantes de AGE, BNG, PSdG-PSOE e Grupo Mixto amosaron a súa concordancia cos puntos recollidos no manifesto da campaña e comprometéronse a pormover iniciativas

+info

10/02/2016

A acuicultura industrial en Galiza: crónica do idilio entre a Xunta e a patronal do peixe de granxa

A Lei de Acuicultura do PP é o último episodio dunha estreita sintonía entre governo galego e a patronal acuícola. Normas a medida, subvencións a eito, retiro dourado de polític@s... Eis a historia dunha relación na que rías e litoral son secundarios

+info

05/02/2016

STOP EUCALIPTO... AVANTE CARBALLO! É o momento de pararlle os pés ao eucalipto

Este 5 de febreiro 21 organizacións ecoloxistas galegas lanzamos a campaña "STOP EUCALIPTO, AVANTE CARBALLO!", para chamar a atención sobre a preocupante extensión do eucalipto en Galiza e a necesidade de conservar os nosos hábitats autóctonos

+info

03/02/2016

Nova fraude de SOGAMA: 4 millóns de € para unha planta de compostaxe que non vai facer compost

É necesaria unha recollida separada da materia orgánica do resto das fraccións, para que o produto resultante sexa considerado compost

Perante o recente da Xunta da licitación dunha planta de "compostaxe", ADEGA lembra que o sistema SOGAMA non permite separar en orixe a materia orgánica e, portanto, legalmente non poderá facer compost

+info

02/02/2016

Resultados do Informe anual sobre o estado de saúde dos ríos galegos

Neste Día Mundial dos Humidais (2 de febreiro) o Proxecto Ríos vén de facer público os resultados do informe elaborado coas informacións achegadas polos 322 grupos de voluntari@s nas inspeccións de primavera e outono

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal