ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
20/11/2018

Rexeitada no Parlamento a toma en consideración da ILP en defensa do bosque autóctono

Cos votos contrarios do PP (37), a abstención do PSOE (14) e o voto favorábel de EnMarea e BNG (20), este martes o Parlamento Galego rexeitou dar unha oportunidade aos nosos bosques fronte ao cambio climático, os lumes e os eucaliptos.

+info

15/11/2018

Caso Barreiros: A xustiza sentaría un mal precedente para o urbanismo galego se non condena ao alcalde

Despois de 5 días de xuízo e de 11 anos de espera, quedaba visto para sentenza o xuízo penal por delito de prevaricación urbanística contra o Alcalde, Comisión de Goberno e Arquitecta Municipal do Concello de Barreiros.

+info

09/11/2018

Mina de Touro: a empresa recoñece a grave contaminación provocada pola mina mais teima en reabrila

Perante as evidencias e datos oficiais que confirman a contaminación provocada pola mina e as graves eivas do proxecto sinaladas pola Xunta, a empresa recoñece a evidencia mais fuxe de calquera responsabilidade.

+info

31/10/2018

Máis de 500 voluntarias/os e 4000 Kg de lixo, balanzo da VII Limpeza Simultánea de praias

Esta pasada fin de semana decenas de entidades colaboraron na VII edición da Limpeza de Praias. Colexios, asociacións ecoloxistas, culturais, concellos, escolas de surf, escolas de submarinismo, entidades do mar, e particulares, non quixeron perder a opor

+info

25/10/2018

A incineración é unha estafa: Máis de 50 plataformas en todo o Estado asinan unha declaración contra a incineración

A incineración é unha estafa, contribúe ao quecemento global e é unha ameaza seria para a saúde pública, din miles de cidadáns, médicas, técnicos, profesoras e ecoloxistas de todo o estado

+info

19/10/2018

ADEGA solicita da Xunta a posta en marcha inmediata dun protocolo de manexo preventivo para explotacións gandeiras afectadas polo lobo

Nun escrito remitido á D. X. de Patrimonio Natural pedimos que a administración dispoña con urxencia un protocolo de medidas preventivas, dotado cos recursos suficientes, para contrarrestar o impacto atribiíbel ao lobo nas as ganderías afectadas.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal