ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
04/02/2021

O lobo deixará de ser cazábel tamén en Galiza!

ADEGA cualifica de histórica a decisión da Comisión Estatal do Patrimonio Natural que aprobou incluír o lobo na Lista de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial, o que suporía que a especie deixase de ser cazábel, tamén en Galiza.

+info

03/02/2021

ADEGA únese á plataforma estatal ALIENTE para defender a biodiversidade fronte as renovábeis a grande escala

Máis de 250 científicos/as esixen ao goberno español 13 medidas para garantir a conservación da biodiversidade

Unhas 80 entidades, entre as que se atopa ADEGA, forman parte da "Alianza Energía y Territorio" (ALIENTE) que xorde a nivel estatal para unir forzas na defensa da biodiversidade fronte as enerxías renovábeis a grande escala.

+info

28/01/2021

Sanidade prima a caza sobre a saúde pública en situación de máxima alerta sanitaria

En aplicación da nova Orde, a modalidade vixente para a caza de raposo non se pode practicar nas vindeiras 3 semanas.

Sanidade exceptúa do cumprimento do Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro e da Orde do 26 de xaneiro de 2021 a caza de lobo e xabaril. Porén, non se poderá cazar raposo.

+info

27/01/2021

Xunta e Estado poden e deben pechar xa as granxas de visón polo alto risco de transmisión do COVID-19

ADEGA non descarta acudir a instancias europeas ou á propia Fiscalía de Medio Ambiente se a Xunta ou o Goberno do Estado non pechan as granxas de visón polo elevado risco sanitario, en aplicación da normativa vixente.

+info

22/01/2021

Galiza exponse a unha "bomba pandémica" se a Xunta non pecha xa as granxas de visón

O primeiro surto de COVID-19 en granxas de visón americano en Galiza vén de acontecer nunha instalación da Baña. Fican evidentes os graves riscos para o ambiente e a saúde pública destas instalacións, polo que ADEGA reclama o peche inmediato de todas

+info

20/01/2021

Vitoria!: Endesa anuncia o peche da central de carbón das Pontes!

ADEGA e o ecoloxismo galego celebramos a decisión definitiva de Endesa de pechar a central de carbón das Pontes como un enorme éxito na loita desde a nosa terra contra a emerxencia climática global!

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal