O proxecto presentado por varios colectivos culturais, entre eles ADEGA, non consegue a autorización que permitiría o estudo, a documentación e a recollida de restos cerámicos do forno romano de Esteiro, situado na zona da Praia das Catedrais.
ADEGA presentou alegacións en Medio Ambiente contra un expediente promovido polo Concello de Baralla que tenta eliminar a protección dun espazo natural no planeamento urbanístico municipal para poder autorizar unha canteira.
Onte persoal de ADEGA - Charcas con Vida xunto con persoal da Dirección Xeral de Conservación da Natureza puideron rescatar case 200 sapos atrapados nunha canle de rega no concello de Pontecaldelas, no lugar de Parada.
Hai uns días abríu as súas portas ao público en Bilbo a primeira oficina de Fiare-Banca Ética do estado. ADEGA, socia fundadora de Fiare-Galiza, fai parte tamén deste proxecto de banca solidaria ao entrar no accionariado da Banca Ética.
Esta semana nace SermosADEGA, un caderno que acompañará ao semanario en papel Sermos Galiza e que achegará periodicamente información de actualidade sobre cuestións medioambientais.
A Rede Galega de Custodia do Territorio, da cal forma parte ADEGA como socia fundadora, participa na organización destas xornadas xunto con outras entidades galegas e estatais. Serán en Compostela este 27 e 28 de marzo.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal