ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
28/12/2015

Convenio ADEGA-ENCE para a recuperación dos coalas nos eucaliptais galegos

Perante a grave regresión do coala no seu territorio nativo pola acelerada perda do seu hábitat, ADEGA vai desenvolver un proxecto de recuperación desta especie en parcelas seleccionadas de entre as 384.000 hectáreas que ocupa o eucalipto en Galiza

+info

22/12/2015

POR UN NADAL MÁIS VERDE: Consellos para non consumirte nas festas

A crise ca reducir os impacto, pero o ambiente leva décadas clamando por unha redución no ritmo de consumo de recursos. ADEGA dache algúns consellos para que o noso comportamento nestas festas non contribúa a deteriorar o noso medio

+info

21/12/2015

ADEGA entregou hoxe os V Premios polo Territorio de foto, relato e curtametraxe

ADEGA entregou hoxe os premios da V edición dos Concursos de Fotografía, Relato e Curtametraxe polo Territorio, enmarcada na campaña "Ponte no medio. Móvete polo Territorio". O acto tivo lugar no Salón de Actos da Deputación de Lugo.

+info

18/12/2015

Plantar eucaliptos a carón do Camiño de Santiago, falta grave e 4800€ de multa

ADEGA vén de coñecer a resolución de Patrimonio á denuncia dunha plantación de eucaliptos en de Palas de Rei, en pleno Camiño Primitivo: é infracción grave multada con 4800€ e retirada dos plantóns por atentar contra o patrimonio cultural

+info

16/12/2015

ADEGA non paralizou as obras da empresa Inca no río Miño nin increpou aos seus traballadores

ADEGA desmente as inxurias vertidas sobre a organización pola empresa Inca, concesionaria do aproveitamento hidráulico da fábrica de luzo de Lugo, por ter supostamente "paralizado" as obras dun dique e "increpado" aos seus traballadores.

+info

15/12/2015

Ulo o debate ambiental na campaña eleitoral?

O CIS constatou que o ambiente fica lonxe das preocupacións sociais, e consecuentemente, desaparece da dialéctica eleitoral. Nen sequera a coincidencia da campaña coa COP21 de París puxo na axenda política as propostas en medio ambiente

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal