ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
23/11/2016

A Xunta arrasa cunha poboación dun fento en perigo de extinción ao abrir unha pista

Unha pista promovida por Medio Rural na lagoa de Alcaián (Coristanco) levou por diante unha poboación de Lycopodiella inundata, considerado en perigo de extinción. Novamente, o patrimonio natural máis sensíbel, degradado pola propia administración...

+info

18/11/2016

ADEGA conciencia ambientalmente aos menores en risco de exclusión social de Lugo

ADEGA e a Asociación Dignidade de Lugo asinan un convenio para fomentar a conciencia ambiental entre os menores en risco de exclusión social de Lugo. No marco deste programa realízanse roteiros, inspeccións de río, visitas ao mercado e horticultura.

+info

16/11/2016

A Xunta, obrigada a indemnizar ao construtor que destruíu parte do Castro da Atalaia de San Cibrao

ADEGA e Mariña Patrimonio responsabilizan ao Servizo de Patrimonio de Lugo e ao Concello de Cervo deste fallo xudicial por non ter atendido a tempo as súas peticións de inventariado do xacemento

Ante o fallo do Tribunal Supremo que obriga a Xunta a indemnizar a empresa construtora responsable da destrución de parte do castro da Atalaia, ADEGA e Mariña Patrimonio culpan ao Servizo de Patrimonio de Lugo e ao Concello de Cervo do sucedido.

+info

16/11/2016

SOGAMA aumenta as emisións de gases de efecto invernadoiro entre 2009 e 2015 tratando menos residuos!

Este é outra sorprendente conclusión tirada da memoria de sustentabilidade que SOGAMA vén de publicar: como é posíbel que SOGAMA emita máis gases contaminantes en 2015 que en 2009 con menos residuos tratados?

+info

14/11/2016

Inicio do programa de compostaxe caseira en Feáns e Mesoiro (A Coruña)

Ao abeiro da subvencións para cultura e educación ambiental do concello da Coruña, ADEGA vai desenvolver un proxecto de compostaxe caseira coa veciñanza de Feáns e Mesoiro. Xa podedes solicitar o voso composteiro!

+info

09/11/2016

SOGAMA gábase de ter un dos índices de reciclaxe máis cativos de Europa... e baixando!

Logo de 8 anos de silencio SOGAMA vén de publicar (por imperativo legal) a súa memoria de actividade de 2015. Cunha porcentaxe total de reciclaxe do 3,3% e baixando, a conselleira aínda presume das cifras máis baixas de Europa...

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal