Este 17 de febreiro celebramos en Gondomar a nosa 42 Asemblea Xeral. No decurso dos seus traballos aprobamos varias propostas de resolución e fixemos entrega dos Premios Osíxeno 2017.
ADEGA ven de recibir unha axuda da Fundación Biodiversidad para desenvolver actuacións de divulgación, estudo e conservación no Sobreiral do Arnego
Na 17ª edición dos premios Osíxeno e Dioxina cos que ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental, este 2017 xiran arredor da xestión dos montes, a lei de depredación, os lumes e os eucaliptos.
No DOG deste xoves 8 e aproveitando a modificación do Observatorio de Educación Ambiental, atopámonos coa lamentábel nova da derrogación da Orde que declaraba protexido ao acivro dende 1984
Xa foi publicado en papel no semanario galego Sermos Galiza, o pasado 25 de xaneiro, este suplemento ambiental asinado por ADEGA, ao que tamén podes acceder desde aquí.
ASCEL, ADEGA e GEAS denuncian ante o SEPRONA a aparición dun lobo morto por disparos na Serra do Cando, no lugar de Cima de Vila, concello de Cotobade-Cerdedo, que este pasado sábado acolleu a Copa de España de raposo.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal