ADEGA tivo acceso a unha gravación que proba a actuación irregular da Xunta ao autorizar "controis poboacionais" recorrentes (3 nos últimos 4 meses) nos montes de Cotobade. Oficialmente non se abatíu lobo algún, así que a Xunta seguíu dando permisos.
Os controis non cumpren coas condicións do Decreto 297/2008 do Plano de xestión do lobo. Estase a aplicar incorrectamente a norma causando un prexuízo ambiental e ecolóxico e menoscabando a protección da nosa fauna e flora máis singular
A sentenza do xulgado de Pontevedra dando a razón ao concello de Lalín no contencioso con Fenosa pola LAT de Catasós, evidencia outra volta as malas prácticas dunha administración entregada aos intereses das eléctricas.
Portugal conxelou a expansión do eucalipto até 2030, prohibindo novos plantíos por riba das 812.000 hectáreas que arestora ocupa. Na Galiza o eucalipto medra en 500.000 ha e aumentando...
Trala denuncia feita por Adega, BNG e AVV Brión e polo risco de afeccións sobre o patrimonio arqueolóxico e medioambiental, a Autoridad Portuaria de Ferrol desestima a proxecto inicial de botar os refugallos das obras sobre os montes de Brión.
Realizada palestra coa intervención de Fins Eirexas, Secretario Executivo de ADEGA e Nês Lopes, da directiva de ADEGA Ferrol para destacar a importancia dos brañáis e zonas húmidas, en especial na comarca de Ferrol os de Valdoviño, Doniños,Mandiá,etc
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal