ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Auga e ríos / Novas /

Novas

Formulario de busca
05/08/2020

ADEGA insta a Fiscalía a investigar a ADIF por presunto delito ambiental por tirar dous vagóns de tren ao río Sil

ADEGA vén de instar ao Ministerio Fiscal a que abra a oportuna investigación contra ADIF por presunto delito contra os recursos naturais e o medio ambiente, tras trascender que tirou dous vagóns de tren ao río Sil.

+info

02/07/2020

ADEGA Lugo presenta as xornadas ambientais de verao "Os catro elementos"

Durante o mes de xullo, haberá un obradoiro de cociña solar, un obradoiro de papaventos, unha andaina percorrendo a historia da auga en Lugo, e a visita a unha olería.

+info

28/06/2020

Presentada polo secretario de Adega Ferrolterra no pleno do Concello Ferrol de 25 xuño e aprobado por maioría da corporación

Aprobado no pleno do Concello de Ferrol a proposta de Adega sobre melloras medioambientáis en relación coa crise do coronavirus.

Ferrol 25 xuño 2020. Moción presentada polo secretario de Adega Ferrolterra no pleno do Concello Ferrol , e aprobada por maioría da corporación referentes a medidas medioambientáis de mellora a tomar en relación coa crise do coronavirus.

+info

21/05/2020

O Clube Fluvial de Lugo aproveitou o confinamento para realizar unha tala en Rede Natura

Moita é a presa que certas institucións se dan para realizar obras durante o confirnamento, é o caso do Clube Fluvial en Lugo, que vén de realizar unha tala no aparcadoiro que hai sobre o río Miño.

+info

07/05/2020

A Xunta podería estar incorrendo nunha ilegalidade ao permitir pescar durante o confinamento

A apertura xeneralizada da actividade de pesca fluvial en Galicia acordada pola Xunta contrevén o plan de desconfinamento e produce confusión entre a cidadanía, co risco de incorrer en infraccións.

ADEGA, Ríos con Vida e a Federación Galega de Pesca vimos de presentar escrito ante a Delegación do Goberno en Galicia para que estude e confirme a legalidade e competencia da apertura xeneralizada da pesca fluvial en Galicia acordada pola Xunta.

+info

04/05/2020

Proxecto Ríos cumpre 15 anos e renova o seu compromiso cos ríos galegos

Augas de Galicia e ADEGA anovaron esta mañá o convenio polo que se financia o principal proxecto galego de educación ambiental en cursos fluviais.

A presidenta de ADEGA, Virxinia Rodríguez Álvarez, asinou no día de hoxe, xunto con varias representantes da Xunta, a renovación do convenio de colaboración con Augas de Galicia que dota de orzamento o Proxecto Ríos.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal