ADEGA vén de presentar alegacións contra a ampliación da autoestrada AG-59 por afectar ao espazo natural protexido como Rede Natura e ZEC Sistema Fluvial Ulla-Umia-Deza e e non atender ao impacto sobre especies protexidas.
ADEGA e o IES Arcebispo Xelmírez I acudirán hoxe ao río Sarela para estudar a súa evolución biolóxica, no marco do proxecto europeo LivingRiver.
Augas de Galiza declarou a caducidade e arquivou os trámites para extinguir a concesión do aproveitamento hidroeléctrico de Ponte Inferno, no río Verdugo, vixente dende o século XIX por non telo resolto en prazo...
O Concello de Lugo ten que indemnizar con 2,47 millóns de euros a INCA, empresa que acometeu obras ilegais na fábrica da luz.
ADEGA vén de expoñer en rolda de prensa a proposta de creación dun órgano mixto de xestión pública do río Miño e a elaboración dun plan de restauración e xestión sostíbel e integral para todo o treito do río Miño.
Un ano máis, ADEGA Lugo lanza un novo programa de roteiros, esta vez percorreremos as bacías do Miño e do Sil. Comezamos este domingo 25 de outubro no Pedregal de Irimia.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal