O proxecto de Custodia Fluvial Ulla Umia Lérez resumido nun caderniño que podes descarregar en pdf
No último ano, varios países europeos prohibiron a instalación de granxas de visón americano (Neovison vison) e mesmo estableceron calendarios de peche. Arestora, Galiza rexistra un boom de solicitudes para instalar máis granxas, mesmo na Rede Natura
ADEGA vén de presentar alegacións para impedir a corta de 335 árbores (carballos e castiñeiros) na marxe esquerda do Rego do Convento, no lugar de Arandedo (Baralla). Trátase dun bosque de ribeira que a Conf. Hidrográfica debería conservar
A plataforma polo saneamento integral da ría de Ferrol, á que pertence ADEGA, conseguiu varias melloras nalgúns tanques de tormentas tras varios meses de actividade. Aínda así, son insuficientes.
ADEGA cursou varias denuncias contra plantacións ilegais de eucaliptos nos concellos de Lugo, Begonte e Rábade, e consegue que se retire a especie nalgunhas destas parcelas.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ditou unha sentenza que desestima o recurso formulado pola empresa constructora de promover un proxecto urbanizador na zona da Fraga de Menáncaro, no val de Serantes, en Ferrol.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal