En febreiro e marzo do 2021 a delegación de Lugo organiza as xornadas de debate Que cidade queremos? completadas cun certame de videocreación "A cidade que eu quero".
ADEGA vén de presentar alegacións contra a ampliación da autoestrada AG-59 por afectar ao espazo natural protexido como Rede Natura e ZEC Sistema Fluvial Ulla-Umia-Deza e e non atender ao impacto sobre especies protexidas.
ADEGA únese ao manifesto de Voces do Ulla en repulsa ao desastre ambiental da innecesaria AMPLIACIÓN DA AUTOVÍA AG-59, de 7,5km por 48 millóns de custe que pasa polo Río Ulla e arredores e por unha área ZEC da Rede Natura 2000 da Unión Europea
ADEGA vén de expoñer en rolda de prensa a proposta de creación dun órgano mixto de xestión pública do río Miño e a elaboración dun plan de restauración e xestión sostíbel e integral para todo o treito do río Miño.
ADEGA Lugo, insta ao Concello de Lugo que emende o erro de considerar o eucalipto e o piñeiro como madeira autóctona galega e non leve ao engano á cidadanía lucense.
A plataforma Vigo Ciclábel, composta por diversos colectivos ciclistas e ecoloxistas de Vigo, fai un chamamento á cidadanía apelando á corresponsabilidade social para respectar o carril bici e potenciar o uso da bicicleta na cidade
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal