ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
28/09/2021

ADEGA e a Fundación Eira procuran doazóns para reparar o tellado da Eira da Xoana

As doazóns serán bonificadas na declaración do IRPF. O prazo para facer a túa achega remata o 31 de outubro.

ADEGA e a Fundación Eira lanzan unha campaña para recadar fondos destinados a reparar o tellado da casa da Eira da Xoana, o equipamento de divulgación e formación ambiental e de promoción cultural de ADEGA.

+info

23/09/2021

ADEGA denuncia na Fiscalía a Xunta e as eléctricas polo baleirado dos encoros

ADEGA vén de trasladar á Fiscalía delegada de medio ambiente do TSXG unha denuncia para que investigue o proceder da Xunta e das concesionarias dos aproveitamentos hidroeléctricos cuxos encoros sofriron recentemente un brusco decenso de caudal.

+info

20/09/2021

O aproveitamento hidroeléctrico das balsas mineiras das Pontes e Meirama pon en perigo os ecosistemas fluviais

A Xunta tramita dous aproveitamentos hidrieléctricos nos "lagos" das Pontes e Meirama. Turbinar o caudal de dúas macrobalsas mineiras ameza a vida dos ríos e a calidade do subministro, e só pretende seguir a engordar os beneficios das eléctricas...

+info

10/09/2021

ADEGA insta a aplicar o principio dos 3’s da enerxía para enfrontar a crise climática

ADEGA propón un novo principio que defina as políticas das administracións públicas, tanto Xunta como o Estado, de cara a definir un modelo enerxético alternativo que permita unha transición ecolóxica xusta: o principio dos 3’s da enerxía.

+info

12/08/2021

ADEGA oponse ao novo dique que o porto deportivo de Sanxenxo quere construír fronte á Carabuxeira

Nauta Sanxenxo presenta este proxecto construtivo como solución á regresión dos areais Carabuxeira e Lavapanos, obviando a causa orixinaria da problemática: a construción do propio porto deportivo.

+info

10/08/2021

Residuos, enerxía e mobilidade: temas ambientais destacados nos medios galegos

Crise climática, ecoloxismo, coidado do medio, contaminación... son algunhas das preocupacións sociais e cuestións con cada vez máis peso nas axendas políticas. Pero, como recolle a prensa galega a actualidade ambiental do noso país?

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal