ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
22/03/2023

A Coordinadora "Eólica Así Non" chama o pobo galego a rodear a Xunta o domingo 23 de abril

A paralización dos parques eólicos é urxente para evitar danos irreparábeis

A Coordinadora "Eólica Así Non" convoca o pobo galego a participar nunha nova mobilización masiva en Santiago de Compostela, o vindeiro 23 de abril, coincidindo coa data límite que ten a Xunta para outorgar autorización a 77 proxectos eólicos.

+info

21/03/2023

Colectivos astur-galaico-bercianos solicitamos unha reunión urxente coa ministra Teresa Ribera

ADEGA, SGO, Bierzo Aire Limpio e PDCC solicitamos unha reunión urxente coa Ministra Ribera na súa próxima visita a Ponferrada, para advertila do risco no que a actual invasión eólica pon a toda a Cordilleira Cantábrica.

+info

16/03/2023

Empresa madrileña promove a primeira macroplanta solar en Galiza e ameaza a unha das 6 parellas de aguia real

A planta solar fotovoltaica "A Gudiña" de 66 MW e 110 hectáreas de superficie e promovida pola empresa "Amber Solar Power 29" sitúase a menos de 3 km do niño dunha das únicas 6 parellas de aguia real que temos en Galiza

+info

15/03/2023

O vindeiro xoves, 16 de marzo, ADEGA instalará a exposición sobre especies exóticas invasoras e fará unha visita guiada, así como unha saída ao río, canda ao IES de Brión

ADEGA achega ás escolas as problemáticas dos ríos coas primeiras actividades do Proxecto Fluviatilis

+info

08/03/2023

ADEGA edita o número 88 de CERNA, a maior revista sobre o medio ambiente e ecoloxía de Galiza, xa dispoñible en formato dixital.

Vaga eólica, incendios e 20 anos do Prestige: a Revista Cerna debuxa a Galiza das loitas ecoloxistas

A publicación deixa espazo para experiencias positivas de desenvolvemento sustentable como as vivendas colaborativas ou a comunidade enerxética de Tameiga.

+info

09/03/2023

9 de marzo, Día do Naturalismo galego: Ecoloxistas denunciamos a preparación dun "crime perfecto" fronte ás costas galegas

Comunicado de ADEGA, FEG, G.N. Hábitat, SGO, SGHN e Verdegaia

A aprobación do POEM por parte do Estado que determina 5 áreas con alto potencial para a eólica mariña fronte ás costas galega colide coa conservación das aves mariñas e obvia o Principio de Precaución

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal