ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
12/03/2025

Os trámites da concesión de augas para as centrais de bombeo na Ruña tamén terían caducado

Os proxectos de centrais de bombeo dende o Xallas a balsas artificiais que Augas de Galiza tramita dende 2023 terían xa superado o prazo máximo para resolver, coma no caso de Altri. En consecuencia, ADEGA vén de solicitar a súa caducidade.

+info

12/03/2025

ADEGA-A Coruña e UDC organizan unha palestra sobre residuos, incineración e saúde este xoves

Estará impartida polo investigador do CSIC Fernando Palacios.

+info

10/03/2025

O TSXG tomba cautelarmente o proxecto eólico Paraño Oeste polos seus riscos ambientais

Este polígono promóvese nos concellos de Forcarei e Beariz.

+info

06/03/2025

ADEGA demanda a Xunta pola desprotección da área afectada pola celulosa de Altri na Infraestrutura Verde de Galiza

A retirada da protección da área afectada polo proxecto de Greenfiber supón a vulneración da normativa comunitaria e do principio de non regresión ambiental.

+info

26/02/2025

ADEGA-Lugo solicita a paralización das canteiras de pizarra de Xemil e Campo do Oso na Pastoriza

A actividade mineira excede en máis de 30 hectáreas a superficie autorizada.

+info

19/02/2025

O TSXG paraliza cautelarmente un proxecto eólico que ameaza as bestas de Sabucedo

O polígono Campo das Rosas proxéctase en Cerdedo, A Estrada e Campo Lameiro, e provocará unha "afectación ecosistémica", segundo o alto tribunal, o cal vén de suspender cautelarmente o proxecto a instancias de ADEGA e da veciñanza de Terra de Montes.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal