ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Conservación e biodiversidade / Novas /

Novas

Formulario de busca
01/08/2023

Ao xulgado un parque eólico autorizado pola Xunta a Naturgy sobre especies en perigo de extinción

ADEGA vén de presentar un contencioso contra a autorización dada pola Xunta ao parque eólico "Campo das Rosas" de Naturgy por afectar a unha das poboacións máis importantes da Península Ibérica do fento Lycopodiella inundata

+info

22/05/2023

Día Internacional da biodiversidade: ADEGA leva ao Parlamento Europeo a situación da Rede Natura galega

Este 22 de maio é o Día Internacional da Biodiversidade. Coincidindo coa data, o Parlamento Europeo acolle unha audición para avaliar a aplicación da Directiva Hábitats. ADEGA exporá o caso galego as agresións á Rede Natura polo desleixo da Xunta

+info

30/03/2023

A Xunta roza e causa danos a unha poboación de carballo anano no Monte Pindo

ADEGA vén de denunciar os danos causados a numerosos exemplares de carballo anano (Quercus lusitanica, especie ameazada) por traballos forestais no monte de San Cibrán, en plena Rede Natura 2000 do Monte Pindo,

+info

17/03/2023

ADEGA reclama á CHMS que denegue a autorización do proxecto da Rolda Leste, sen avaliación ambiental

Pese a que o proxecto contempla unha autoestrada urbana nun dos enclaves mellor conservados da cidade de Lugo, e afectará a cursos fluviais, non se vai a someter a avaliación ambiental.

+info

16/03/2023

Empresa madrileña promove a primeira macroplanta solar en Galiza e ameaza a unha das 6 parellas de aguia real

A planta solar fotovoltaica "A Gudiña" de 66 MW e 110 hectáreas de superficie e promovida pola empresa "Amber Solar Power 29" sitúase a menos de 3 km do niño dunha das únicas 6 parellas de aguia real que temos en Galiza

+info

02/03/2023

ADEGA Lanza a campaña "Salvemos o pulmón verde de Lugo" en contra da Rolda Leste

Durante o mes de marzo desenvolveranse diferentes actividades de divulgación dos valores ecolóxicos e sociais da zona, así como un debate político.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal