Inicio / Novas / Educación ambiental /
O proxecto Charcas con vida continúa coa súa liña de voluntariado ambiental, desta vez na comarca veciña do Bierzo.
Entre tod@s retiramos uns 10 kg de coniza (Conyza candensis), 30 kg de papiro (Cyperus involucratus), 13 pés de pita (Agave americana) e máis de 500 kg de cana (Arundo donax). Grazas voluntari@s!
Este curso ADEGA volve a colaborar coa Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña. Deseñaremos e coordenaremos as actividades de ed. ambiental e voluntariado do persoal bolseiro para tratarmos de ambientalizar un pouco máis o campus da UDC
Este venres 4 de outubro ADEGA impartirá en Ourense o II Curso de formación para inspección de charcas, en colaboración co Servizo provincial de Conservación da Natureza, no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Rodicio
A pesares do tempo fomos moitas as persoas que nos mollamos polos ríos na VI Limpeza simultánea. Houbo grupos grandes e pequenos, nenos, nenas e maiores, mais todas e todos co mesmo obxectivo: coidar dos nosos ríos e reclamar a súa conservación.
A iniciativa de ADEGA Charcas con Vida convoca a cuarta xornada de voluntariado que se celebrará os días 18 e19 de outubro. O lugar escollido para esta nova actuación será A Serra dos Ancares.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal