Inicio / Novas / Educación ambiental /
O pasado 25 de abril 11 persoas participaron na xornada de voluntariado organizada por Charcas con Vida para recuperar unha antiga poza de rega no lugar de Sabarís, Campañó (Pontevedra).
ADEGA ven de editar dous folletos para alertar unha vez máis sobre a problemática das especies invasoras. Existen dúas versións centradas nas especies de ecosistemas acuáticos: fauna invasora e flora invasora
Dende ADEGA queremos comunicar os avances nos proxectos da compostaxe comunitaria que estamos a desenvolver xunto ao concello de Monforte e a Universidade da Coruña .
O próximo campo de voluntariado ambiental no río Tea terá lugar a fin de semana do 8, 9 e 10 de maio, e dará continuidade aos campos de voluntariado que levan celebrándose dende o 2007.
Este 21 de abril, membros de dúas entidades catalás visitan o ecoespazo O Rexo (Allariz) para coñecer o proxecto "Charcas con Vida" e a charca alí construída. Aliás, poderán coñecer outras iniciativas galegas de custodia do territorio
O 15 de abril dará comezo a campaña de primavera do Proxecto Ríos que se extenderá ate o 1 de xuño. Animámosvos a que saíades ao vosos treitos de río para facer as inspeccións.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal