ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
05/04/2023

Ecoloxistas da Cordilleira Cantábrica reunímonos co Ministerio para denunciar a falsa Transición Xusta

Fixemos especial énfase no dano irreversible que pode crear nos territorios da Cordilleira Cantábrica a aplicación dos artigos relativos aos proxectos de enerxía renovable dos RDL 6/2022 e 20/2022 e a falta da ampliación da Rede Natura 2000.

+info

04/04/2023

ADEGA esixe á Xunta que denegue o terceiro parque eólico de EDP sobre os Penedos de Traba

Non debe haber dous sen tres: os inasumíbeis impactos xa motivaron o rexeitamento doutros dous parques

O acoso eólico aos penedos de Traba aínda non rematou. Aos parques Soesto e Monte Chan recentemente rexeitados polos seus inasumíbeis impactos, debería unirse o de Pena dos Mouros, todos de EDP. Se isto non é fragmentación, que veña o TSXG a velo..

+info

30/03/2023

A Xunta roza e causa danos a unha poboación de carballo anano no Monte Pindo

ADEGA vén de denunciar os danos causados a numerosos exemplares de carballo anano (Quercus lusitanica, especie ameazada) por traballos forestais no monte de San Cibrán, en plena Rede Natura 2000 do Monte Pindo,

+info

23/03/2023

ADEGA reclama para usos ambientais os caudais que ALTRI e XEAL pediron bombear do Ulla e Xallas

ADEGA vén de participar no trámite de concorrencia de proxectos para a concesión de caudais con destino a usos industriais. Reclamamos para usos ambientais os caudais que ALTRI e XEAL pediron bombear do Ulla e Xallas

+info

22/03/2023

A Coordinadora "Eólica Así Non" chama o pobo galego a rodear a Xunta o domingo 23 de abril

A paralización dos parques eólicos é urxente para evitar danos irreparábeis

A Coordinadora "Eólica Así Non" convoca o pobo galego a participar nunha nova mobilización masiva en Santiago de Compostela, o vindeiro 23 de abril, coincidindo coa data límite que ten a Xunta para outorgar autorización a 77 proxectos eólicos.

+info

21/03/2023

Colectivos astur-galaico-bercianos solicitamos unha reunión urxente coa ministra Teresa Ribera

ADEGA, SGO, Bierzo Aire Limpio e PDCC solicitamos unha reunión urxente coa Ministra Ribera na súa próxima visita a Ponferrada, para advertila do risco no que a actual invasión eólica pon a toda a Cordilleira Cantábrica.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal