Continuando com as entrevistas solicitadas por ADEGA-Lugo, na passada quinta feira reuniu-se representantes deste coletivo com representantes do Partido Popular do Concelho de Lugo.
A Coordinadora Eólica Así Non mobilizou no Día das Montañas unhas 2000 persoas en diferentes localidades do país baixo o lema “Defendemos as montañas de gobernos e especuladores".
Os vindeiros 9 e 10 de decembro, a Coordinadora Eólica Así Non, da que fai parte ADEGA, ensalzará o papel da veciñanza e dos colectivos sociais na defensa do territorio fronte a gobernos e especuladores, sometidos ambos ao lobby enerxético.
O Ministerio vén de expoñer o II Plano de control da contaminación atmosférica para tentar cumprir cos obxectivos de redución de contaminantes atmosféricos establecidos pola UE. Porén, estes obxectivos seguen a estar moi lonxe do recomendado pola OMS
ADEGA vén de presentar un contencioso contra a autorización dada pola Xunta ao parque eólico "Campo das Rosas" de Naturgy por afectar a unha das poboacións máis importantes da Península Ibérica do fento Lycopodiella inundata
O parque "Breogán", é o último tramitado e coincide no mesmo espazo mariño co "Galwind", presentado hai 6 meses. Ao Ministerio acumúlaselle o traballo sen ter rematado o marco legal nin a planificación sectorial, e cunhas eleccións ás portas.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal