ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
19/05/2023

Municipais 2023: Propostas para uns concellos máis sustentábeis

Con vistas ás eleccións municipais deste 28 de maio, dende ADEGA queremos salientar a importancia das políticas municipais para acadarmos un modelo ecoloxicamente sustentábel e propoñer algunhas medidas concretas para acadarmos ese reto.

+info

16/05/2023

ADEGA recupera a campaña #Tipodesparalos para recorrer na Xustiza a nova vaga eólica

A campaña inicia hoxe o seu percorrido co desafío relativo ao P.E. Rodicio II

ADEGA recupera a campaña de recadación colectiva e solidaria “Ti podes paralos!”, como única forma posíbel de poder emprender accións xudiciais contra boa parte dos 75 proxectos macroeólicos aprobados pola Xunta de Galiza o pasado 25 de abril.

+info

02/05/2023

ADEGA achega a problemática das especies exóticas invasoras aos institutos de Xinzo co Proxecto Fluviatilis

No mes de maio, ADEGA instalará a exposición sobre especies exóticas invasoras no IES Lagoa de Antela e no IES Cidade de Antioquía, onde tamén se realizarán visitas guiadas e saídas ao río Limia.

+info

28/04/2023

ADEGA denuncia novas plantacións ilegais de eucalipto na Serra do Xistral

Membros da Comisión de Montes de ADEGA nunha saída polos arredores da Serra do Xistral, detectaron nunha soa xornada 17 parcelas con plantacións ilegais de eucaliptos, 12 delas en zona de ampliación da Rede Natura 2000.

+info

27/04/2023

ADEGA respostará cunha batería de recursos xudiciais a aprobación “express” de 75 parques eólicos por parte da Xunta

Nas próximas semanas encetaremos unha nova campaña de recadación solidaria para facer fronte aos custos dos contenciosos

Perante da recente aprobación de 75 parques eólicos por parte da Xunta, ADEGA acudirá aos xulgados para recorrer aqueles proxectos cun impacto máis significativo sobre o noso patrimonio natural e cultural.

+info

24/04/2023

ADEGA demanda a Teresa Ribera unha moratoria aos eólicos en Galiza para evitar unha "transición inxusta"

ADEGA vén de trasladar á Ministra Teresa Ribera unha carta na que expoñemos as eivas do despregue das renovábeis en Galiza, causa dunha forte resposta social, e demandamos unha moratoria na tramitación de proxectos eólicos estatais.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal