A intención de ERIMSA de explotar o seixo en Xanceda (Mesía) é incompatíbel co actual aproveitamento agrogandeiro, con moitas explotacións en ecolóxico, nunha comarca sobranceira para o agro galego.
Perante a evidencia de que a masiva coberteira de eucaliptos agravou o lume en Pedrógão, ENCE apurouse en demostrar con "datos, non opinións" que o eucalipto pouco ten a ver cos incendios na Galiza. Excusatio non petita...
Xa está nos quioscos o nº 11 do Sermos-ADEGA. Nel, faise un repaso dalgúns temas ambientais de actualidade e, ao mesmo tempo, recorrentes na loita ecoloxista do país nos que se están dando pasos cara adiante.
O Dir. Xeral de Montes afirmou que de cumprirse as leis na Galiza sería difícil ver lumes como o de Portugal. Talvez refírese a esas normas que a Xunta adoita ignorar, cando non directamente incumprir... Incompetencia ou simplesmente faciana pétrea?
Dende ADEGA queremos expresar o noso pesar co pobo irmán de Portugal e a solidariedade cos familiares das vítimas dos recentes lumes. A catástrofe debería facer reflexionar sobre a problemática dos lumes e a súa relación con modelos forestais
Un recente estudo vén a demostrar que o monocultivo do eucalipto non só afecta á biodiversidade terrestre. Tamén a biota dos ríos que atravesan plantacións de eucaliptos diminúe e os cursos de auga son máis propensos ás secas.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal