Queremos uns ríos limpos, queremos poder disfrutar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade da necesidade de que estes estean ben conservados
10 anos, 3 lexislaturas con diferentes governos e milleiros de voluntarios/as por todo o país avalan o Proxecto Ríos, a iniciativa de voluntariado ambiental e custodia fluvial máis numerosa e extendida na Galiza
Este 2014 o Proxecto Ríos fai 10 anos. O 29 de xuño queremos celebrar o décimo aniversario convosco, e para iso temos organizada a Festa dos 10 Anos do Proxecto Ríos ao carón do río Tambre na área recreativa de Tapia (Ames). Non faltedes!
Pontevedra avanza na xestión ecolóxica do refugallos. ADEGA segue cos programas de compostaxe caseira, o terceiro, tras 83 composteiros repartidos. Desta volta beneficiaranse 60 fogares máis de Xeve (Sto Andrés e Sta María) Cerponzóns e Verducido
Xa podes descarregar o manual de construción e recuperación de pequenas charcas editado no proxecto Charcas con Vida. O manual amosa os principais pasos para recuperar ou construír pequenos humidais presentando varios exemplos prácticos.
Aberto o prazo para a petición de obradoiros na Mancomunidade "Serra do Barbanza". O programa ofrece obradoiros gratuítos de educación ambiental centrados na redución, reutilización e recilcaxe de residuos.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal