Perante os graves danos sociais e ambientais causados polos lumes, urxe a declaración de zona catástrófica nos lugares afectados. Non menos urxente e a adopción inmediata de medidas de restauración hidrolóxico-forestal. Hai que actuar para onte!
Despois dos lumes os problemas ambientais non rematan. Á perda de biomasa e biodiversidade únese o risco de erosión. É importante coñecer como actuar despois dun lume para evitar máis impactos. Eis algúns consellos
As causas estruturais dos incendios forestais están xa suficientemente diagnosticadas dende hai anos, e as medidas para reducir a súa incidencia son tamén coñecidas. A pregunta é como unha administración que pode poñelas en marcha non o fai?
O governo de Baiona promove a construción dun campo de golf que vai demandar tanta auga como toda a veciñanza do concello. Custará 14 millóns de € para un orzamento municipal de apenas 9. Algo cheira a podre en Baiona...
O número 12 do Sermos-ADEGA incide na problemática ambiental derivada dos impactos da eucaliptización do país e da falta de vontade administrativa para frear a expansión descontrolada do cultivo de crecemento rápido.
A edición de verán de CERNA, a revista galega de ecoloxía e medio ambiente editada por ADEGA, dedica gran parte dos seus artigos á reflexión sobre o monocultivo de eucalipto en Galiza e á súa incidencia no lume, nos ríos ou no patrimonio cultural.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal