Inicio / Novas / Delegacións /
Este xoves 25 de febreiro comezan as xornadas “Que cidade queremos?”. Cada semana e até o 18 de marzo haberá unha mesa redonda retransmitida en directo a través da web de ADEGA e da canle de YouTube onde tamén podes participar no debate.
Recentemente alcaldes de Baralla e Castroverde protestaron contra as limitacións ao Eucalipto nitens, suxeridas pola Xunta, ADEGA anímaos a reflexionar sobre o errado da súa estratexia eucaliptizadora.
En febreiro e marzo do 2021 a delegación de Lugo organiza as xornadas de debate Que cidade queremos? completadas cun certame de videocreación "A cidade que eu quero".
Desde ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza) queremos mostrar o noso apoio a luita de pais e mais por manter o rural vivo.
O Concello débelle á veciñanza de Lugo non só que se recorra a sentenza do TSXG, senón tamén a creación dunha Comisión de Investigación que procure responsabilidades entre os seu cargos e funcionarios públicos con responsabilidades específicas.
ADEGA vén de presentar alegacións contra a ampliación da autoestrada AG-59 por afectar ao espazo natural protexido como Rede Natura e ZEC Sistema Fluvial Ulla-Umia-Deza e e non atender ao impacto sobre especies protexidas.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal