ADEGA vén de celebrar a súa 40 Asemblea Xeral. Van aló xa 40 anos de ecoloxismo e defensa do patrimonio natural e cultural de Galiza, posíbel grazas ao compromiso xeneroso e solidario dos milleiros de socios e socias. Parabéns a tod@s!
ADEGA fai públicos os premios OSÍXENO e DIOXINA ás millores e piores actuacións de 2015. Celulosas e eucaliptos, cambio climático, abellas e mundo rural vivo, aliás dunha referenza aos 40 anos da organización, son os temas desta 15 edición
Co novo ano chega o momento de facermos balanzo ambiental do 2015 e de apontar algunha das cuestións ás que prestaremos antención neste 2016. Vellos problemas que aínda seguen aí e novos desafíos que marcarán o traballo nesta xeira
A crise ca reducir os impacto, pero o ambiente leva décadas clamando por unha redución no ritmo de consumo de recursos. ADEGA dache algúns consellos para que o noso comportamento nestas festas non contribúa a deteriorar o noso medio
Concentración realizada e convocada polo Concello Ferrol e movemento ecoloxista da comarca (ADEGA, Sociedade Galega Hª Natural, Verdegaia,Greenpeace , A.V. Magdalena,Club Montaña,.. ) de apoio as medidas para frear o cambio climático
O sábado 28 de novembro celébrase unha xornada divulgativa sobre “Especies invasoras e a participación social” no museo Domus da cidade da Coruña. A xornada é gratuíta e está aberta a todo o público.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal