Desde ADEGA agracedemos todos os ofrecementos de colaboración que nos están a chegar para participar en traballos de rexeneración dos montes queimados, pero advertimos que a acción voluntaria nestes momentos pode xerar máis danos nestas zonas.
Fomos moitas as persoas as que nos mollamos polos ríos na X Limpeza simultánea. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos , pero todas tiñamos o mesmo obxectivo: coidar deles e concienciar da necesidade de que estean ben conservados.
Realizadas en Ferrol e Fene, sendas palestras sobre saneamento na comarca de Ferrol, con participación de representantes de diversos grupos políticos así como destacados membros de Adega como Manuel Soto, Nes Lopes, etc.
A ONU elixíu este tema para celebrar o Día Mundial da Auga (22 de marzo) deste ano. Máis do 80% das augas residuais xeradas no mundo volve a verterse ao ecosistema sen ningún tipo de tratamento nin reutilización
O informe do estado de saúde dos ríos galegos que presenta o Proxecto Ríos establece unha fotografía do estado ecolóxico dos nosos ríos a partir das análises realizadas durante as campañas de primavera e outono polo voluntariado participante.
Trala denuncia feita por Adega, BNG e AVV Brión e polo risco de afeccións sobre o patrimonio arqueolóxico e medioambiental, a Autoridad Portuaria de Ferrol desestima a proxecto inicial de botar os refugallos das obras sobre os montes de Brión.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal