ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / ADEGA cuestiona a construción da Rolda Leste

11-03-2020

ADEGA cuestiona a construción da Rolda Leste

A previsión por parte da Consellería de Infraestructuras e Mobilidade da construción do segundo tramo da rolda Leste, que conecta a glorieta da estrada LU530 (Lugo – Fonsagrada), coa glorieta da Tolda de Castela, dará peche á circunvalación que rodea toda a cidade de Lugo. Dende ADEGA poñemos en dúbida a necesidade desta actuación, tendo en conta tódolos impactos que vai xerar.

Con este tipo de vías, favorécese o aillamento de núcleos, xa que ao ter características de autovía urbana, non permite a continuidade de moitos dos camiños históricos que chegaban a Lugo. Os muros en pedra seca, presentes, cuxa técnica está declarada Patrimonio Cultural pola UNESCO, serán parte do patrimonio cultural afectado na construción desta nova vía. 

Ademais, vai ser necesaria a tala de carballeiras e soutos, que a día de hoxe conformar un cinturón verde na contorna de Lugo, tan necesaria para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro da cidade.
A construción de novas vías debera estar ben xustificada, con datos de tráfico actuais, e cun proxecto de mobilidade real, sopesando o gran impacto que esta vía vai xerar.

Actividades previstas

Convidamos a todas as persoas a participar na andaina que terá lugar o domingo 15 de marzo, e o debate público que terá lugar o 22 de abril no IES Lucus Augusti. 

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal