ADEGA

Inicio / Novas / Todas / Publícase a segunda edición da revista Living...

17-09-2019

Publícase a segunda edición da revista Living River

A revista Living River é a publicación que dá conta das novidades do desenvolvemento do proxecto europeo co mesmo nome, cofinanciado polo programa Erasmus+, e que ten como obxecto principal poñer en valor a vida ao redor dos ríos e regatos de Europa ante o público xeral. ADEGA consta neste proxecto como unha entidade socia na que desenvolverá un papel importante na contrución de diferentes ferramentas.

Vénse de publicar a segunda edición da revista do Proxecto LivingRiver na que se presentan os socios e socias deste proxecto na Galiza e o traballo que desenvolven, así como a súa implicación no proxecto.

Poderanse consultar nesta revista as diferentes actividade e proxectos que se están a eeborar neste proxecto e como as diferentes entidades cada día fan que a cidadanía si implique un pouco máis. A parte das actividades tamén hai oco para presentar as metodoloxías cientificas que se van por en funcionamente nestes 3 anos de duración do proxecto.

Living River comezou en novembro de 2018 e desenvolverase nos vindeiros tres anos. No próximo mes de outubro celebrarase en Coímbra o primeiro curso de formación para Profesorado e entidades socias do Living River, na que participarán todas as entidades galegas socias: ADEGA e o IES Ribeira do Louro.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal