Inicio / Novas / Educación ambiental / Proxecto Ríos realizará esta semana 6 saídas...
21-05-2019
O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA e financiada por Augas de Galicia, o IET e a Confederación Hidrográfica Miño - Sil. A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantenemento e a mellora dos ríos, proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.
Durante esta campaña de primavera están programadas saídas formativas con distintas entidades (centros de ensino de primaria e secundaria, concellos, asociacións, grupos ecoloxistas,...).
As saídas formativas consisten en realizar roteiros polo río escollido desenvolvendo e explicando a un grupo de participantes do Proxecto Ríos a metodoloxía e partes do programa. Na saída explicaranse de maneira didáctica os pasos a seguir para que o grupo de voluntarios e voluntarias poda logo desenvolver o programa autonomamente.
As saídas formativas programadas para esta semana son:
Martes 21 de maio
- Colexio La Salle. Concello de Santiago de Compostela. Río Sarela. - CPI San Cristovo de Cea. Concello de San Cristovo de Cea. Saída ao río Arenteiro. 3º e 4º da ESO.
Mércores 22 de maio (Día Mundial da Biodiversidade)
- IES Laxeiro. Lalín. Saída ao río Cavirtas.
- IES A Pinguela. Monforte de Lemos. Saída ao río Cabe. 4º da ESO.
Xoves 23 de maio
- IES de Noia. Noia. Rego de San Fins.
- IES Lauro Olmo. O Barco de Valdeorras. Saída ao río Sil. 4º da ESO.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal