ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / Santiago de Compostela acolleu a segunda reunión...

20-05-2019

Santiago de Compostela acolleu a segunda reunión dos socios e socias de Living River

Os pasados días 15 e 16 de maio realizouse a segunda reunión das entidades socias do proxecto Linving River, que tivo lugar na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela. Living River é un proxecto europeo cofinanciado polo programa Erasmus+, que ten como obxecto principal poñer en valor a vida ao redor dos ríos e regatos de Europa ante o público xeral. ADEGA consta neste proxecto como unha entidade socia na que desenvolverá un papel importante na contrución de diferentes ferramentas.

Na primeira xuntanza establecéronse as bases e os papeis a desenvolver no proxecto de cada entidade participante. Tivo lugar en Coímbra, onde, por primera vez, todas as entidades participantes contactaron presencialmente. O obxectivo desta segunda reunión foi clarexar os puntos importantes na creación de ferramentas para a divulgación e expansión do proxecto. Estas ferramentas están en proceso de creación, mais unha vez elaboradas faranse públicas. Un dos puntos acordados foi o relativo á participación dos centros de ensino e á implicación do profesorado e das entidades no proceso.

Acudiron ao encontro os diferentes representantes das distintas Universidades e entidades: Univerisade de Coimbra, Universidade Nova de Lisboa, Universidade de Balikesir, ASPEA, ADEGA, IES Ribeira do Louro e a Axencia Metropolitana Pentru Dezvoltare Durabila Brasov.

Living River comezou en novembro de 2018 e desenvolverase nos vindeiros tres anos. No próximo mes de outubro celebrarase en Coímbra o primeiro curso de formación para Profesorado e entidades socias do Living River.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal