ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Día da Terra 2019: A protección das especies en...

22-04-2019

Día da Terra 2019: A protección das especies en Galiza, outra asignatura pendente da Xunta

Diminución global de especies

Biological annihilation via the ongoing sixth mass extinction signaled by vertebrate population losses and declines

O 22 de abril celébrase o Día da Terra. Este ano adicado a chamar a atención sobre a necesidade de protexer as especies ameazadas. A ONU advirte: de non actuarmos agora, a extinción pode ser o legado máis duradeiro da humanidade...

O mundo ¡enfróntase a unha extinción masiva de especies. Todas as especies de mamíferos, aves, réptiles, anfibios, artrópodos, peixes, crustáceos, corais e plantas diminuiron, en moitos casos, severamente. A civilización humana tivo un impacto negativo na mayoría dos seres vivos.

Algúns FEITOS:

1.
Estamos no maior periodo de extinción de especies dos últimos 60 millóns de años. Normalmente, cada ano extínguense entre 1 e 5 especies. Arestora, estímase que estamos perdendo especies entre 1.000 e 10.000 veces a taxa normal, con múltiples extincións diarias. (1)
2. A destrucción do hábitat, a explotación e o cambio climático están detrás da perda da metade das poboacións de animais salvaxes do mundo. (2)
3. O 40% das especies de aves do mundo están en declive, e 1 de cada 8 está en perigo de extinción a nível mundial. (3)
4. Preto do 60% das 504 especies de primates do mundo están en perigo de extinción, e o 75% amosan unha grave diminución da población.(4)
5. Nos últimos 20 años, arredor do 75% de todas as especies de baleas dentadas (golfiños, candorcas...) e  o 65% das especies de baleas con barbas (xibarta, azul), e o 65% dos pinnípedos (focas) foron afectadas polas operacións de pesca a nível mundial. (5)

Situación preocupante en Galiza

No noso país, só 3 das 200 especies ameazadas contan cun plano de conservación ou recuperación aprobado e en funcionamento. O CGEA (Catálogo Galego de Especies Ameazadas) foi aprobado en 2007 e dende aquela, o goberno galego só foi quen de poñer en marcha as ferramentas para garantir a conservación de 3 especies: sapoconcho común e escribenta das canaveiras (2013) e píllara das dunas (2014).
De seguirmos a este ritmo, farían falla máis de 1700 anos para que as especies máis sensíbeis e amezadas da natureza galega dispuxeran das ferramentas que establece a lei para a súa recuperación e conservación.

O desleixo pola nosa biodiversidade da Xunta é pois evidente, agravada polo feito de que moias destas especies contan dende 2009 cos planos de recuperación/conservación licitados, elaborados e entregados, cun custo de milleiros de € de cartos públicos, e levan máis de 10 anos durmindo nunha gaveta sen que a Xunta tivera interese por levalos ao DOG.

E polo que atinxe á RN2000 e á protección dos hábitats naturais chave para o mantemento da biodiversidade do territorio non chega ao 12% mentras que no Estado supera o 27%, sen que teñamos novas das prometidas ampliacións (2008, 2012...)

Así as cousas, feliz Día da Terra para todas!

Referenzas:

[1] https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC2702436/
[2] https://www.nature.com/articles/nature22900
[3] https://onlinelibrary.wiley.com/doi/full/10.1111/conl.12162
[4] http://advances.sciencemag.org/content/3/1/e1600946.full
[6] https://www.int-res.com/articles/esr_oa/n020p071.pdf

Ligazóns

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal