ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / ADEGA realiza 13 charlas e 400 visitas ás...

20-12-2018

ADEGA realiza 13 charlas e 400 visitas ás vivendas adscritas ao Plan Revitaliza no Concello de As Neves

ADEGA realiza 13 charlas 400 visitas ás vivendas adscritas ao Plan Revitaliza no Concello de As Neves, para seguir formando e recabar datos sobre a compostaxe caseira nas diferentes parroquias deste municipio.

A equipa técnica de ADEGA realizou dende o pasado 15 de outubro 13 charlas informativas sobre o proceso de compostaxe individual en 11 parroquias do Concello de As Neves na provincia de Pontevedra. Ademais destas charlas realizadas ao amparo da entrega dos composteiros en cada unha destas parroquias, ADEGA realizou xa, neste tempo, 403 visitas as vivendas que recolleron e instalaron o seu composteiro.
Previamente a intervención de ADEGA, o persoal técnico do Plan Revitaliza para este Concello realizou 2904 visitas personalizadas para explicar o plan á veciñanza e a tal momento son x amáis de 550 os composteiros entregados e instalados no municipio.

O persoal técnico de ADEGA segue a recoller datos de temperatura e nivel de enchido nos composteiros así como segue aconsellando e asesorando sobre o correcto uso dos mesmos. A acollida do plan, das charlas e das visitas por parte da veciñanza do Concello está a ser moi boa e cun nivel de implicación moi elevado.

Durante os vindeiros meses os/as técnicos/as de ADEGA seguirán compaxinando novas charlas informativas nas seguintes entregas de composteiros individuais coas visitas as vivendas nas que estes xa foron instalados.

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal