ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / TOUROLEAKS (1): A balsa mineira de Vieiro...

26-11-2018

TOUROLEAKS (1): A balsa mineira de Vieiro funcionou durante anos como vertedoiro clandestino

A nova documentación achegada pola mineira de Touro en resposta ás alegacións de veciñanza e colectivos antimina, así como aos informes sectoriais da Xunta, segue deparando sorpresas.
Desta volta, trátase da confirmación documental, através do informe “Caracterización Hidroquímica del Lago de Vieiro”, redactado polo grupo de Enxeñaría de auga e de medio ambiente da UDC, do que toda a veciñanza de Touro xa sabía: Que a balsa mineira de Vieiro usouse durante anos como vertedoiro en "B".

Neste este informe técnico achegado pola empresa a requerimento de Augas de Galiza, e a respeito da caracterización dos sedimentos (apartado 6.2.3) e do volume de lamas depositadas no fondo da inundada corta de Vieiro (6.2.3.1 “Volumen de lodos” ) pp. 24 a 27, dise o seguinte:

  • “En la Figura 13 se puede ver como existen 3 zonas, una al sur y las otras dos a lo largo del margen Este de la Corta, donde se sitúan los rangos de espesor más acusados, llegando a espesores máximos de 23.83 metros."
  • "Estas zonas diferenciadas se corresponden con material de relleno en diferentes fases (Figura 14). El situado al Sur se corresponde con materiales de relleno depositados para la construcción del camino que discurre de Oeste a Este entre la Corta de Vieiro y la Corta de Arinteiro. Mientras que la otra zona con gran espesor es resultado de los vertidos a la Corta de Vieiro de áridos procedentes de la planta de asfalto de la empresa Explotaciones Gallegas S.L."."
  • Por otra parte, podemos diferenciar tres tipos de materiales depositados en la Corta de Vieiro. Por un lado, están los materiales de relleno del camino, por otro, los materiales de rechazo de la planta de asfalto y por último los lodos precipitados. En total el volumen de todos ellos es de 111674 m3 en una superficie de 5.3 hectáreas.”

Recoñecemento explícito dunha presunta infracción ambiental

Deste xeito e tal como se recolle no citado informe do grupo de Enxeñaría de auga e de medio ambiente da UDC, parte dos sedimentos depositados na balsa mineira de Vieiro son o resultado de verteduras de materiais (entre eles “áridos procedentes da planta de asfalto”) efectuadas pola empresa Explotaciones Gallegas S.L.
Esta afirmación implicaría que a devandita empresa Explotaciones Gallegas S.L., propietaria do 80% da actual Cobre San Rafael S.L. usou os terreos, e concretamente a corta mineira inundada de Vieiro, como vertedoiro. Esta práctica debeuse desenvolver ao longo de varios anos, dende que a mina pechou en 1986, xa que a cantidade de materiais vertidos supón nada menos que 111.674 metros cúbicos.

Para verificar se estas verteduras realizadas durante anos eran coñecidas e contaban cos preceitivos permisos por parte das administracións competentes. ADEGA vém de solicitar a Medio Ambiente que achegue información sobre as eventuais autorizacións concedidas entre 1986, data da finalización da actividade mineira e a actualidade, á empresa Explotaciones Gallegas S.L. ou a calquera outra, para depositar materiais no fondo da corta inundada de Vieiro.  En caso afirmativo, solicitamos como parte interesada no procedemento, coñecer tamén as datas, tipo e cantidade de materiais, condicións de vertedura e demais aspectos relativos aos permisos concedidos polo departamento competente.

ADEGA chama a atención sobre esta enésima irregularidade do proxecto mineiro de Touro: non é posíbel que a Xunta, mediante unha autorización ambiental favorábel,  "branquee" as presuntas irregularidades que a empresa concesionaria realizou durante anos nos terreos da antiga mina de Touro.

Descargas

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal