Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Sermos-ADEGA Nº 14: Do transvasamento do...
08-02-2018
ADEGA e PLADEVER (Plataforma pola Defensa do Verdugo) colaboraron na elaboración deste suplemento, denunciando os pasos dados non só polo concello de Vigo senón tamén por Augas de Galicia para levar a cabo o transvasamento de auga desde o río Verdugo á depuradora que subministra auga a Vigo.
O informe pon de manifesto os impactos sobre a ecoloxía do río e da ría, e tamén a sen razón do recurso á vía de Urxencia. Trátase dunha obra de transvase de recursos que nin sequera existen no Verdugo, mentres a xestión da auga en Vigo continúa á marxe de calquera medida de sustentabilidade.
Publicado en papel no semanario galego o pasado 25 de xaneiro, podes acceder ao Sermos ADEGA 14 nesta ligazón.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal