ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Comunicado sobre a morte a tiros dun lobo en...

18-01-2018

Comunicado sobre a morte a tiros dun lobo en Valiñas (Barro)

POSICIONAMENTO SOBRE O LOBO FURADO A PERDIGÓNS EN BARRO

O martes un veciño de Barro atopou un lobo morto no lugar de Valinas. O animal levaba menos de tres días morto e conta con tres orificios que sinalan posibles perdigóns. As organizacións asinantes solicitamos que se investigue este feito que ao coincidir coa celebración do recente campionato de Pontevedra de caza de raposo (proba clasificatoria para o galego) cabe determinar se existe unha relación circunstancial. Cualificamos o suceso coma moi grave e que amosa o desprezo dalgunhas persoas  polo patrimonio natural e o respecto ás leis.

Denunciamos que estes campionatos non contan coa vixilancia necesaria (neste caso participaron 330 cazadores) e resulta habitual ter que lamentar similares sucesos ilegais que quedan impunes. Estes campionatos teñen unha amplía oposición na sociedade. No só carecen de total reprobación ética e moral senón que non teñen xustificación científica, e fanse á marxe da planificación cinexética dos TECORES. Non axudan a recuperar as poboacións de perdices ou coellos, afectadas por múltiples factores, entre outros, por malas prácticas cinexéticas, sobrecaza, repoboacións cinexéticas con animais de granxa, así coma,por outras, coma os cambios no hábitat e/ou os monocultivos forestais.

En consecuencia, publicamente:
REQUERIMOS que se investigue qué cuadrilla cazou no lugar onde o lobo foi atopado para que se depuren as responsabilidades pertinentes. Lembramos que a caza do lobo nesta zona está totalmente prohibida ao abeiro do Plan de Xestión lobo agás autorizacións moi excepcionais.
PRECISAMOS dunha administración que actúe firmemente e de oficio ante os actos de furtivismo por desgraza habituais na comunidade galega e que se persigan por vía penal con sentencias exemplares. 
ESIXIMOS ademais que se establezan as medidas necesarias para controlar con garantías estes campionatos, o próximo o galego que se celebrará o vindeiro fin de semana en Dozón, e que se cancele de non ser así. Para un evento que rexeitamos categoricamente por resultar unha competición na que se premia a habilidade de matar o maior número de raposos no menor tempo posible.

Asociacións asinantes: ADEGA,  ASCEL, Grupo de Estudio dos Animais Salvaxes (GEAS)

Descargas

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal