ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Percorrido, concentración e manifestación en...

05-12-2017

Percorrido, concentración e manifestación en apoio do tren de proximidade

Plataforma pola defensa do tren nas Mariñas, Coruña.

Ferrol 2.12.2017. Marcha en tren Coruña-Cambre-Betanzos-Miño-Ferrol en apoio do tren de cercanía .
Promovido pola Plataforma pola defensa do tren na comarca das Mariñas e Coruña, e co apoio de multitude de persoas, cargos públicos, membros de colectivos ecoloxisas (Adega, Verdegaia, SGHN, etc), realiouse tal percorrido. Reclamamos a creación dun servizo de proximidade entre A Coruña-Ferrol mediante a implantación dun tren de cadencia que aumente os horarios e as frecuencias para facelo socialmente rendíbel e economicamente viábel como único xeito de consolidar unha liña actualmente ameazada e que deberá dar servizo de calidade a zonas densamente poboadas como O Burgo, Cambre, Betanzos, Pontedeume, etc. https://www.facebook.com/defensatren/

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal