Inicio / Novas / Educación ambiental / ADEGA colabora na formación dos axentes...
04-10-2013
Este venres 4 de outubro ADEGA impartirá en Ourense o II Curso de formación para inspección de Charcas, en colaboración co Servizo provincial de Conservación da Natureza, no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Rodicio No curso participarán máis de 30 persoas pertencentes ao Servizo de Conservación da Natureza de Ourense interesadas na conservación destes valisos hábitats.
As charcas son pequenos pero importantes espazos para a conservación da biodiversidade. Moitos animais utilizan estes puntos de auga para beber, alimentarse, agocharse ou para desenvolver os seus ciclos vitais. Anfibios, aves, invertebrados … e tamén certos tipos de plantas ou algas son algún exemplos dos seres que se ven favorecidos por este tipo de actuacións.
O proxecto Charcas con Vida é unha iniciativa de ADEGA que conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura Alimentación e Medio Ambiente, e realízase en convenio co CIBIO (Centro de investigaçao em biodiversidade e recursos genéticos, Portugal).
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal