ADEGA

Inicio / Novas / Todas / Mesa informativa de ADEGA sobre transporte...

06-11-2016

Ferrol. 6.11.2016

Mesa informativa de ADEGA sobre transporte sostíbel.

O transporte público é o medio máis económico, xusto e sustentábel, debido ás baixas emisións de CO2 e outros gases de efecto invernadoiros en proporción ás persoas/mercadorías transportadas.

Actualmente Ferrolterra é a comarca de Galiza co transporte público máis caro, e isto é debido á baixa inversión das administracións públicas nel. Mentres que na comarca de Ferrolterra investíronse 14€/habitante en Coruña son 30,6€ e en Compostela chegan aos 40€/habitante. Así, o total dos cartos investidos nesta comarca no transporte público é 1/2 que na Coruña, 1/4 do que recibíu Compostela e 1/6 do cartos públicos investidos na comarca de Vigo, o que supón para esta comarca un claro agravio comparativo respeito doutras do país. 

Por outro lado, no mundo fabrícanse máis de 100 millóns de bicicletas anualmente, tres veces máis que carros e unicamente nos países desenvolvidos como Canada, Alemaña, Holanda asi como en China, son tomadas en conta como medio de transporte, dándolles a mesma prioridade no desenvolvemento de infraestruturas viais que aos autocarros e carros tendo ademais, o seu uso habitual como medio de transporte, numerosos beneficios quer para a saúde quer para o medio ambiente 

Por todo isto dende ADEGA pedimos que o Concello de Ferrol xunto cos da comarca favorezan e promovan o uso de medios de transporte sustentábeis e xustos, quer reducindo os prezos do autocarro e aumentando as frecuencias, quer poñendo ciclovías onde sexa posíbel e aumentando o número de bicicletas e estacións públicas para así conquerir unha cidade máis limpa e unha poboación máis sauábel. 

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal