Inicio / Novas / Educación ambiental / O servizo RE de Allariz obtén os primeiros...
19-09-2016
Dende a posta en marcha do Servizo RE, no concello de Allariz, leváronse a cabo accións loxísticas e informativas para cumprir as metas propostas. Na zona urbana do municipio instaláronse equipos de compostaxe comunitaria e de recollida de restos de xardín, mentres que nas zonas rurais repartíronse composteiros individuais. Para o tratamento da materia orgánica provinte de grandes produtores construíuse unha planta específica de tratamento.
A distribución e posta en marcha de equipamentos foi parella a unha campaña de información e formación dos usuarios do sistema. Realizáronse entregas de información e cubos específicos para a separación , charlas formativas no rural e na zona urbana e actividades destinadas a nenos e nenas nos centros educativos.
A posta en marcha do Servizo RE requiriu, ademais, un sistema de seguimento, control e asesoramento no que participan técnicos do concello de Allariz e entidades coas que se estableceron convenios como Adega ou as Universidades de Vigo e Coruña. Os resultados ata o momento convidan ao optimismo. O nivel de aceptación entre os veciños do Servizo RE é alto e en corto período de tempo dende a súa posta en marcha na primavera de 2016 observáronse reducións de ata un 17% no peso de fracción de rexeitamento xerado.
O Concello de Allariz participa, dende o ano 1998, na experiencia piloto de recollida selectiva de residuos sólidos urbanos (RSU) mostrando o seu compromiso coa mellora da xestión medioambiental. Así o Concello adoptou medidas para minimizar o impacto da xeración de residuos.No ano 2010 púxose en marcha un proxecto piloto para a separación da materia orgánica e o seu aproveitamento mediante compostaxe. A finais de 2014 lanzouse un novo proxecto para estender a separación e aproveitamento da materia orgánica a todo o municipio: o Servizo RE. De esta maneira preténdese aumentar a taxa de reaproveitamento e reciclaxe e diminuír ao máximo a porcentaxe de residuos con destino na bolsa negra. Formuláronse as seguintes liñas de acción:
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal