ADEGA

Inicio / Novas / Todas / Asemblea anual de Adega en Ferrolterra e...

26-04-2015

Nova directiva na delegación de Adega en Ferrol

Asemblea anual de Adega en Ferrolterra e renovación da xunta directiva

O pasado 25 de abril 2015, no centro cívico de Caranza (Ferrol), tivo lugar a asemblea anual da delegación de Ferrolterra da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). Cumprimos 20 anos de actividade continuada na comarca, celebrouse a asemblea anual cun acto no que se debateuse amplamente sobre o traballo realizado. Tamén se marcaron as liñas de traballo que seguirá esta asociación na comarca que estarán centradas na defensa ecolóxica da ría de Ferrol -sobre todo na demanda dun saneamento máis sustentable e eficiente-, na concienciación sobre a redución de residuos sólidos urbanos e a necesidade dun tratamento destes máis ecolóxico, e na defensa do monte autóctono galego fronte aos eucaliptais. Este última liña enmárcase dentro da campaña “cousa de raíces” que a asociación está a lanzar este ano a nivel galego.
Ademais, neste acto escolleuse nova xunta directiva que queda formada polas seguintes persoas: Presidente: Alexandre García Regueira
Vicepresidente: Francisco Xavier Riveiro López
Secretario: Miguel Anjo Gonzalez García
Tesoureiro: Ernesto Lopes Dias
Vogais: Humberto Fidalgo Couce, Antón Muñíz Tenreiro, Antonio García Jimenez, María Sánchez-Andrade Sánchez, Serxio Perille Seoane

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal