ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / O nº 3 de Sermos-ADEGA, dedicado á Eira da Xoana

19-10-2015

O nº 3 de Sermos-ADEGA, dedicado á Eira da Xoana

EIRA DA XOANA

Capa Sermos-ADEGA 3

SERMOS GALIZA e ADEGA vimos de publicar o nº 3 do suplemento SERMOS ADEGA que está dedicado ao centro de divulgación ambiental e dos saberes populares de ADEGA, a EIRA DA XOANA.

Ao longo do suplemento atoparedes diversos testemuños sobre esta paraxe idílica, rica e acolledora que nos ofrece a casa de ADEGA, en Ramil (Agolada). Tamén se analiza o papel da Eira da Xoana como divulgadora da cultura e tradición galegas, como lugar de refuxio dunha grande biodiversidad e como proxecto educativo, a través dunha entrevista a un dos seus coordinadores, Marcial Barral.

Alén disto, un artigo de Antón Malde preséntanos o Castro de Remonde, adquirido pola Fundación Eira, para a súa restauración e posta en valor, e que está situado a carón do Castelo de Pambre e moi preto da Eira da Xoana.

Esta edición complétase cun relatorio das actividades de ADEGA nas últimas semanas.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal